jueves, 30 de enero de 2014

ÁVILA- COMPOSICIÓN ESCULTÓRICA-DIEGO DE GIRÁLDEZ.

En la rueda de prensa dada en la Diputación, por Don Ángel Luís y el pintor- escultor Diego de Giráldez,  a la que asistieron,  televisión Castilla - León, Radio Ávila y Radio popular entre otros medios de comunicación. En lo hablado se refirió el artista a la ciudad de Ávila como una gran y maravillosa composición escultórica, donde la pieza principal es la Muralla.
 Con todas esas piezas en su interior que construyen esa gran instalación

viernes, 17 de enero de 2014

BODEGÓN - 1980



                                                 Colección Particular - París

OVEJA -1982


                                        Colección Particular - Pontevedra

TERNURA-1991

                          
                                               Colección Particular - Vigo

sábado, 11 de enero de 2014

DIEGO DE GIRÁLDEZ, XENIO E FIGURA- SERAFÍN VILLANUEVA.

Xenio e figura ate a inmortalidade. Xenio dende oberce.
Aínda non daba os primeiros pasos, atrapaba un tizón da lareira e esborranchaba o primeiro papel que cachaba con a outra man. Vicio ou virtude endémica nel. Pasaron anos. Aínda non perdeu o vezo. Figura, tamén figura. Figura, a outra cara de todo xenio. " O poeta  nace", di o refrán. Quen di " o poeta", di o pintor, o artista, o creador. Os outros, a maioría, adozámonos. "De músicos, poetas e loucos todos temos un pouco". Vállanos de conforto. De músicos, a penas; de poetas, casemente; e de loucos, a abastar.

Iso si. Viaxamos todos no mesmo barco. A sociedade é o noso barco. Querendo ou sen querer emprestámonos servizos mutuos. Somos por natureza seres sociasis. Vivimos en sociedade. En sociedade de mores oy menores grupos, en colectivos bastante ou malamente vertebrados. Sen outra alternativa. Aínda máis. Vivimos da sociedade, servimos á sociedade. Mais non con a debida e xusta equidade. De aí arrincan as nosas peores doenzas e calamidades.

Dinnos que "o xénero homo dende que entende". Soa a trapallada ¿Quen foi o primeiro homo? " O primeiro simio superior que entendeu que entendía". Ganas de rizar orizo. Si pero se hoxe ocupamos o eume do reino animal é porque entendemos, porque pensamos, e porque nos comunicamos. Nacer, nace a persoa, o individuo, e con cada individuo nace toda una vida de posibilidades. Posibilidades só en potencia e que despois, a poucos, e con esforzo, con moito esforzo, imos no día a día trocando en realidades. Ninguén dos nacidos escapou endexamais a esta condición. 
Este mundo é materia. Só materia. O home, no mellor dos casos, humanizaa. Pero o home non nace; o home faise. Nacemos materia. O home, o cidadán faise, fíxose sempre. Facémonos humanos en medio dos humanos. Non nos queixemos. Somos esforzo, somos produto. Produto de moitos esforzos. Produto de nós mesmos. Produto e resultado. Resultado do que fixemos de nós e resultado 
 do que de nós fixeron e de nós fan os colectivos en que vivimos. Non temos escape. Vivimos, só podemos vivir en sociedade. Na sociedade desenvolvemos as nosas capacidades. Polo que, canto máis e mellor organizados estean os nosos colectivos sociais, tanto mellores serán as condicións para a nosa propia realización. Non esquezamos: vivir é realizarse. 
As condicións repítense. "Eu-dicia Ortega y Gasset- son eu e as miñas circunstancias". Circunstancias: o contexto, todo o que nós envolve. As circunstancias veñen dadas, as máis son non escollidas. Debe saltar entón o "eu", o "to ego" dos gregos, o actor, o axente histórico que actúa, move, medra, se realiza e axuda á creación da súa sociedade.
" O poeta, o pintor, o creador, nace". É un xeito de falar. A obra, os poemas, os cadros non nacen. Créanse. Estamos entón na mesma. Nace o individuo, un ser dotado dunhas ou outras capacidades. Capacidades ou aptitudes a pór a punto, no mellor dos casos sen stop, e pór en producción na sociedade e no contexto no que nos toca ou eliximos vivir. Un ser, unhas capacidades, o contexto, as circunstancias. Velaquí o noso chan, o noso firme. Vivamos como cos pés na terra. O aire é para os paxaros. De no ser polo chan, pola terra, non habería paxaros.
Pintura e poesía, dúas entre as seis grandes artes clasicas. Ditoso os dotados. Un canto, unha oda, unha paisaxe, unha mariña, son fórmulas refinadas, sutís, reservadas a non todos, de, velaí o seu ceume, entender, de interpretar, de explicar e, se cómpre, denunciar este noso mundo. O pintor é poeta, poeta de caste. Compón, canta, conta, describe. Válese das mans, do lapis, do pincel, da brocha, da espátula, de calquera outro trevello, para crear, para interpretar, para elucidar, para se comunicar, para de, nunha so ollada, amosarmos o que as súas mans insiren dende dentro da súa mente.
"No comenzo foi o Verbum",dinos a Biblia. Foi o verbo, o logos, a fala, a comunicación. Imposible maxinar unha sociedade, un colectivo humano sen instrumentos de comunciación. E despois do "verbum" , ¿Que foi? Despois foron as artes. A Pintura, os gravados rupestres, os petroglifos, "as vellas artes do Paleolítico", anteriores miles e miles de anos ó achado da escritura. Vallan as Covas de Altamira como exemplo, pintadas entre os períodos Magdalenienses e Auriñaciense, 36.00-13.000 a. d. C.
Diego de  Giráldez veu á luz en Galicia, na Cañiza, en 1957. Aí comenzou a súa andaina de cidadán e de artista. Eu subliñaría dentro do seu contexto, entre outras, tres circunstancias.
1º.- Veu nacer no "gozo", na década bisagra do noso malogrado medievo hispano do século XX. Parte do século XX foi para nós pura e dura "idade media": pobreza, atraso, escurantismo, servilismo, analfetismo, falla de liberdades. Os anos 50 foron a bisagra dese noso triste e calamitoso medievo. Suma e resta. Trinta anos antes e trinta anos despois desa escura década eran outras e foron outras as ganas e ilusións dos cidadáns para de vivir, loitar, traballar, esperar e se divertir. ¿Non sí?
2º.- Diego de Giráldez veu ó mundo na Cañiza, fronteira e obrigado paso entre as terras do litoral mariñeiro e as terras do interior galego, vila a Cañiza denome e ronome, de orografía e relevo accidentado, onde o monte é monte e os verdes; ancorada entre a Serra do Faro de Avión e o Val do río Deva. A cañiza, edén natural para pluma e pincel. Testemúñano dende antigo os complexos rupestes da Laxiña das Cruces, a Casiña dos Mouros, o Coto da Vella, os gravados nos complexos megalíticos da Tomada do Estremadorio e os de Gutín, Aráns e a mesma Cañiza. Malia dende os seis anos coa súa familia se instalara en Vigo, o artista non borrou da súa mente os montes, os regueriros, os bosques, os paxaros, as ovelliñas, os amañeceres e solpores das terras altas que miran ó mar e ó interior da vella Gallaecia.
Por sorte e fortuna Diego de Giráldez é un artista a cabalo entre dous séculos, século XX e século XXI. A cabalo entre o século de dúas atroces guerras que varreron Europa polo pé e de seguido, tras o escarmento, da Europa dos novos Estados de democracia social, de dereito e de benestar, que levaron os seus cidadáns a un edén de cultura, liberdade e  benestar como na historia ningún país    coñecera. E cómo agora, no enceto do século XXI, dotados dos saberes e tecnoloxías abondo sobradas para rematar co atraso, coa fama, coa ignorancia e coa pobreza no Plalneta Terra, estamos pasando por incongruencias incomprensibles. Cando mellores nolas prometiamos, advertimos estupefactos e impontentes cómo a besta negra dun voraz e desalmado capitalismo financero estase levando por diante canto de progreso e benestar social tiñamos logrado. Anos de peste, de epidemia negra, moi negra se non o remediamos.
Póñome nos anos 50. Un profesor de metafísica explicábanos a teoría escolástica do coñecemento. " O principio do coñecemento  está nos sentidos. Coñecer-dicían os escolásticos- é converterse no obxecto coñecido. O que está aí fóra, o mundo exterior, a sociedade, achégasemos á mente a través da vista, do tacto ou das verbas.
Imprimímolo, moémolo, convertémolo en " especie impresa". na nosa mente. Despois, cando falamos ou exteriorizamos, cando o expresamos, convertémolo en  "especie expresa".Válida ou  non válida esta teoría , o problema radica en que nunca captamos na súa totalidade o que vemos, maxinamos ou se nos di, así como, por moita labia ou arte que teñamos, non somos quen de expoñer ou transmitir na súa plenitude a especie imprimida na nosa mente. De aí a nosa constante e afortunada tarefa de nunca rematar. De andarmos sempre reciclanado. Rematar sería sinónimo de non vivir.
Pola miña parte incluiría o gran mestre Diego de Giráldez dentro deste ou similar proceso. Coñeceu grandes movementos de actualidade: impresionismo, cubismo, realismo. Buscou , busca algo máis. Compartiu amizade cos grandes creadores da actualidade, Picaso, Dalí, Antonio López. Insatisfeito do visto e logrado, desenvolveu seu estilo persoal e xa en 1982 crea o " realismo NAS", de cuño e rúbrica propia: Natureza, Abstracción e Surrealismo.Opto por entender: Natureza como punto de arrinque. Abstraccción como "especie impresa" na mente e Surrealismo como especie expresada no seu arte.
Diego de Giráldez, mestre universal no eido do sempre se estar a facer. O home non nace; o home faise". Mestre universal no eido da cidadanía: " O cindadán no nace. O cidadán faise". Sempre podemos e debemos ir maís aló que nós mesmos e as cinscunstancias fixeron de nós.