lunes, 23 de septiembre de 2024

FARO DE VIGO - 21 - 9 - 2024 - A CAÑIZA DIEGO DE GIRÁLDEZ

 


A Cañiza rende homenaxe á obra do artista Diego de Giráldez

O evento celebrou os 18 anos de visitas á Casa Museo e os 27 anos da súa formación





O pasado sábado, 14 de setembro, A Cañiza acompañou ao seu pintor, escultor e anatomista máis universal, tamén nomeado Fillo Predilecto da Cañiza, na celebración dos 27 anos da formación da súa Casa Museo, no ano 1997, e dos 18 anos acollendo visitantes. Un acto especial celebrado na Praza Maior, presidido pola arquitectura do Museo no que o “Realismo Nas”, que impregna gran parte da súa obra, cobrou un especial protagonismo. Este acto, no que o concello colaborou, estivo acompañado con música, arte e tamén algún agasallo para os asistentes.

Diferentes cargos políticos locais e autonómicos estiveron presentes nesa tarde para servir de apoio a Diego de Giráldez. Tamen estiveron presentes numerosas personalidades do mundo da cultura, moi especialmente o seu gran amigo Gerardo Pérez Calero, Catedrático de Arte da Universidade de Sevilla e gran coñecedor da súa obra. Ademais, o folclore e a tradición musical galega estivon presentes o pasado sábado, ensalzando o acto coa interpretación dun pequeno repertorio de pezas galegas e corais.

A cálida temperatura da tarde permitiu que veciños e amigos se sumaran a este acto para honrar toda unha vida de traballo adicada ao arte. Na rolda de intervencións o Alcalde Luis Piña agradeceu “a contribución impagable ao legado cultural e artístico da Cañiza, do noso artista máis universal”.


A Casa Museo de Diego de Giráldez inaugurouse un 2 de maio do ano 2007, cunha colección que daquela contaba con 250 obras, e 1.500 metros lineais de exposición distribuidas polas innumerables salitas do que fora cuartel da Garda Civil da Cañiza. Actualmente o seu Museo. Nestes 27 anos, a obra de Diego de Giráldez foi crecendo, enriquecéndose, fortalecéndose en cantidade e excepcionalidade.