jueves, 25 de septiembre de 2025

DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA - DIEGO DE GIRÁLDEZ -

 





...

Da música á pintura

O ‘Encontro cultural’ promoverá este venres unha cita coa arte

A edificio da delegación territorial da Xunta acollerá este venres, 12 de novembro, o ‘Encontro Cultural’, unha iniciativa organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais que conta coa colaboración da delegación da Xunta e no que se pretende combinar a música, o arte e a tradición galega a través de distintas actividades culturais e actuacións musicais


Lucía Molares, con Diego Giráldez, Xosé Oliveira e Roberto Giráldez.
Lucía Molares, con Diego Giráldez, Xosé Oliveira e Roberto Giráldez.

A edificio da delegación territorial da Xunta acollerá este venres, 12 de novembro, o ‘Encontro Cultural’, unha iniciativa organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais que conta coa colaboración da delegación da Xunta e no que se pretende combinar a música, o arte e a tradición galega a través de distintas actividades culturais e actuacións musicais co obxectivo último de abrir o edificio administrativo á cultura, á música e ao arte. Os protagonistas deste certame cultural serán o grupo de folk vigués Noitarega, que presentará o seu último disco ‘XXI’ no salón de actos da Delegación da Xunta e o artista galego Diego de Giráldez ademais do grupo de baile rexional vigués Corisco, que actuará na Praza da Estrela. Será a primeira vez que o edificio administrativo da Xunta en Vigo deixe de ser puramente administrativo e acolla un encontro multicultural destas características. Onte, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Roberto Giráldez, acompañados polo propio artista Diego de Giráldez e por Xosé Olveira, do grupo Noitarega, presentaron a iniciativa, que comezará ás 20.30 horas do vindeiro venres coa inauguración da exposición do artista Diego de Giráldez. Na planta baixa do edificio da Xunta, o pintor ofrecerá unha selección das súas obras cunha liña que él mesmo denomina Realismo NAS (naturalismo, abstracción e surrealismo). A mostra permanecerá dous meses exposta.