jueves, 20 de noviembre de 2025

CONCELLO DA CAÑIZA - CASA MUSEO DIEGO DE GIRÁLDEZ - PRESENTACIÓN POR XESÚS ALONSO MONTERO DO LIBRO "POESÍA E SOCIEDADE NO CANCIONEIRO POPULAR GALEGO"

 

Publicación de Concello A Cañiza - Pontevedra



 
📚 Presentación do libro “Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego” de Xesús Alonso Montero
🗣️O Alcalde Luis Piña convida á veciñanza a participar nun destacado acto cultural que terá lugar este sábado, 22 de novembro, ás 17:30h, no 📍Salón de Plenos da Casa Consistorial.
🏛️ A actividade está organizada pola Casa Museo Diego de Giráldez, dentro do seu compromiso 🤝coa difusión da cultura e do patrimonio literario galego.
📖 O encontro contará coa presenza do profesor e escritor 👉Xesús Alonso Montero, quen presentará o seu libro “Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego” (Editorial Galaxia).
📌Trátase dunha obra de grande relevancia que ofrece unha nova mirada sobre a relación entre a creación popular e o seu contexto social.
👉Ademais do Alcalde como anfitrión, na presentación participará tamén o recoñecido artista Diego de Giráldez, principal organizador desta xornada literaria.
📌Dende o Concello, o Alcalde anima a todas as persoas interesadas na literatura, na investigación e na cultura galega a asistir e participar neste relevante acto cultural.