jueves, 24 de enero de 2008

Diego de Giráldez--------- Realismo NAS

Comeza a expoñer en 1975. Na década que vai dende 1976 ata 1986 realizou un número de 106 exposicións, entre as que se encontran as abertas nas cidades de Vigo, Pontevedra, Xirona, León, Barcelona, Lugo, A Coruña, Madrid, Cádiz, Salamanca, Ourense, Zamora, Teruel, Soria, Cuenca, Porto, Coimbra, París, Xenebra etc.
Dende o ano 1986 ao 2007 realizou 234 exposicións, entre as que se encontran as presentadas en Cidade Real, Madrid, Badaxoz, Palencia, Santiago, Ferrol, Santander, Burgos, Ávila, Valladolid, Guadalaxara, Segovia e Castellón. En Portugal: Leiría, Aveiro, Viana do Castelo, Lisboa, Guarda, Lamego e Figueira da foz, etc.
Diego de Giráldez naceu na provincia de Pontevedra. Dende moi neno comeza a interesarse polo debuxo e a escultura. Despois de realizar estudos desta materia viaxa a Cataluña, Barcelona, Xirona, Figueres, Cadaqués etc. Durante ese tempo fará amizade con gran número de intelectuais e críticos de arte, que lle dedicarán páxinas nos diarios de Cataluña. En anos posteriores, durante as décadas dos oitenta e noventa fai múltiples exposicións por España e Portugal, sempre coa colaboración das institucións: Xunta de Galicia, deputacións provinciais, caixas de aforros de varias cidades españolas etc.Os museos comezan a interesarse pola súa pintura na década dos oitenta. Na actualidade está representado en numerosos museos de varios países. Viaxou por todo o territorio da península Ibérica e Francia en xiras de exposicións.Mantén amizade con moitos persoeiros do mundo da cultura e doutros campos, en España, Portugal, Francia, Italia e outros países. Realizou 340 exposicións individuais e un gran número de colectivas. A súa obra figura en 138 museos de 14 países de, Europa, América e África.
Colaboraron nas súas exposicións 185 concellos e 20 deputacións de España, 21 Cámaras municipais de Portugal e os gobernos autonómicos de Galicia, Castela e León e Cantabria.
Tamén colaboraron nas súas exposicións entidades como Caixas de Aforros, Bancos, Centros Culturais, Fundacións, Centros Rexionais, etc.
Ten unha bibliografía de 33 libros realizados por distintas institucións de España e Portugal.
Escribiron sobre a súa obra numerosas personalidades, críticos de arte, políticos, directores de Museos, escritores, poetas, nun total de 120.