sábado, 20 de septiembre de 2014

A OBRA DE DIEGO DE GIRÁLDEZ CHEGA A O PORRIÑO CUNHA MENSAXE DO ESPAZO VITAL.


A obra do pintor e escultor, Diego de Giráldez, chega a Porriño coa exposición organizada polo Concello , a través da concellaría de Cultura que dirixe Teresa Veloso e en colaboración co Círculo Recreativo Cultural, "Unha mensaxe do espazo vital. Realismo Nas".Acollerá a mostra o Círculo Recreativo Cultural de Porriño.
O creador do movento "Realismo Nas", un estilo formado por naturalismo, abstracción e surrealismo dentro do realismo, ten unha  ampla traxectoria que avala o recoñocemento e prestixio artístico do que goza neste momento. A obra deste artista, que conta cun museo propio, ten na actualidad representación en 140 museos de todo o mundo, realizando tamén 350 exposicións individuaís.
Cabe destacar, a bibliografía deste pintor, composta por 32 libros, nos que participaron desde críticos de arte até directores de museos, escritores, poetas, etc.
O acto inaugural desta exposición  abreuno o propio Diego de Giráldez, que impartíu a conferencia sobre " A anatomía na miña pintura, debuxo e escultura" e o Catedrático da Universidade de Sevilla Calero, que disertou sobre ! A anatomía na obra de Diego de Giráldez".
Actuou a coral Polifónica Amadeus de Vigo, seguido de un recital de poesía a cargo de varios autores . O broche final a cargo da coral San Mamede de Zamans e o grupo de gaitas Os Parrolos de Vigo.