viernes, 11 de mayo de 2012

DIEGO DE GIRÁLDEZ EN COLECCIÓN NOVACAIXAGALICIA. "Oliva,1997 "

Oliva, 1997- Técnica Mixta.
O minucioso resulta inquietante neste autor, cunha paixón polo detalle, polo fideligno que o leva a impoñer a súa verdade, alterando o tema, representado trocándo en algo enigmático e onirico.
O pequeno tamaño do bodegón contribúe a que o froito adquira unha dimensión gransiosa, dominando o centro  dun espazo que lle pertence e que o xustifica por completo. A intensidade da súa coor verdosa destaca sobre o fondo negro e pardo, clara herdanza da estética tenebrista, empregando, como nun escenario, a luz puntual para extraer brillos da  lustrosa superficie.
A esencia da vida parece estar contida na pequena oliva, absolutamente minúscula e, sin embargo, plena de significado e de forza. O seu compoñente simbólico adquíreo polo seu vínculo filial co a oliveira emblema de paz e da sabedoría. A oliva representa  a realidade  transcendida, panteísta, sempre latente no mundo persoal de Giráldez que evoca, en palabras de Román  Pereiro" as cousas sacras do fogar e da terra"