viernes, 12 de abril de 2013

DIEGO DE GIRÁLDEZ E OS SEUS TRABALLOS


Un agradece este xeito de dialética, esta maneira de comunicación, esta maneira de comunicación, esta linguaxe gráfica, e, canto máis, cando o diálogo ben de man dun debuxante, pintor ou en definitiva dun creador desde calibre.
Mestura dunha depurada técnica, composición, imaxinación e, como non de todo o relacionada coa limpeza e transparencia,- non regateando en ningún intre as dimensións dos seus formatos-, conforman a obra definitiva, na que pode verse o esforzo do arttista en chegar ao máis íntimo do observador, do vidente, esforzo que se traduce nun fresco fragmento da materia, o que deixa patente o dominio do oficio.
¿Dónde remata o realismo e figuración para convertirse en surrealismo? Coido que elo é o de menos importancia. O que realmente é de interese é a composición mesma, o cromatismo, a maneaxe ou o que ven de ser o conxunto da obra. Non é doado o establecer diferencia entre a luz e  a ausencia, entre o preto presente ou o branco ausente dos seus infinitos fondos, os que veñen de fundirse nos planos máis pertos nos que predominan os tonos terras.
Adiante Diego de Giráldez.

Casa da Cultura de Cangas.