Diego de Giráldez: “Dalí influenciou na miña obra e na miña creación do realismo NAS”
O artista DIEGO DE GIRÁLDEZ (A Cañiza, 1957) conmemora os 54 anos dende os seus inicios no mundo da arte que tiveron lugar na escola de Artes e Oficios de Vigo, e dos 48 anos de carreira expositiva que segue en curso. Sobre a súa traxectoria falou no set de Atlántico TV.
54 anos son moitos anos. Que balance fai deste tempo adicado á creación?
Si, son moitos anos, practicamente a vida enteira. Comecei moi neno, no ano 69 acudía a clases como non matriculado na escola de Artes de Vigo, ata que tiven idade para inscribirme. Logo aprobei o acceso a San Fernando en Madrid e despois pasei a Girona para seguir formándome. Nese intre coñecín a Salvador Dalí, a quen tratei moito. Tiven unha estreita relación de coe anos ata que morreu, en 1989. Un mes antes de falecer, díxolle a Antoni Pitxot que me chamase quería verme, e estiven con el en Torre Galetea.
Xorde de esta relación ese influxo surrealista das súas obra?
Antes de coñecer a Dalí executaba unha pintura moi sinxela, nese franciscanismo no que se recupera obxectos esquecidos onde habitou vida, elevándoos á dimensión artística. Logo centreime na pintura ruralista, baseada na vida de aldea, campesiñado e nas feiras. Cando me relacionei con Dalí, el inflúe na miña produción. Pensei que tiña que cambiar e inventei o Realismo NAS (conxunción do Naturalismo, Abstracción e Surrealismo), apliqueino por primeira vez en 1982. Con esa concepción fixen un traballo que me encargaron para Suíza e rexistreino co meu nome.
Ten obra espallada por distintos países, incluido o Vaticano. Ata onde chegou a súa arte?
Hai obra miña en 19 países de todo o mundo e en 150 museos, entre eles o do Vaticano. En España hai 89 museos que expoñen pezas miñas e en Galicia en case tódalas cidades. A miña produción integra coleccións como a de Afundación o a do Museo en Castrelos, que mercou un cadro na época de Manuel Soto de alcalde.
Mais tamén ten feito intervencións para espazos públicos como o relevo da igrexa de María Auxiliadora.
Eu fago debuxo, pintura, escultura e anatomía. No ámbito da escultura fixen varios encargos públicos como a conmemoración do centenario en Salesianos de Ourense con dos pezas moi grandes de 6 metros cadrados. Tamén realicei a peza que lembra o 510 aniversario da fundación da Casa de Alba.
De feito, ten un vencello especial con esta familia aristócrata, integrada entre os Amigos de Honor da súa Casa Museo.
A miña relación coa Casa de Alba remóntase a bastante tempo. A falecida duquesa de Alba encabezaba a lista de Amigos de Honor da Casa Museo de A Cañiza, que foi sustituída polo seu fillo. A lista está integrada por unhas 133 persoas relevantes que difundiron a miña obra dalgún xeito, divulgándoa ou mercándoa.
Para conmemorar estos 54 años no mundo da arte edita un libro catálogo da súa obra. Por qué agora?
En principio, querían involucrarse os concellos da Cañiza e de Vigo, pero a editorial Medulia quixo facelo xa. Recolle toda a miña carreira artística dende os debuxos iniciais ata actualidade en distintas etapas. Amais do xa nomeados periodos de franciscanismo, o ruralismo ou o realismo NAS, a miña obra pasou por otras etapas como só cor, formas non coherentes ou modelado de luz e volumen. Neste libro aparece una selección de 123 persoas que falaron da miña arte, entre as que están Fernández Del Riego, Fraguas Fraguas, Torrente Ballester, Laxeiro, directores de museo e críticos de toda España.
E dende 2007 existe unha Casa Museo para coñecer todo o seu universo.
Está na Cañiza. Son máis de mil metros cuadrados con 500 obras entre pintura, debuxo e escultura. Aínda que non está todo, é unha referencia para coñecer o que fixen. Ten moita relación co Museo Thyssen-Bornemisza, e os seus representantes son unha visita habitual na Cañiza.