viernes, 9 de enero de 2015

PALABRAS DE DIEGO DE GIRÁLDEZ Y PARA DIEGO

-Amiña arte quere ser arte , sobre todo e ante todo. As sensacións, as situacións, as imaxes que trato demostran o valor dos obxectios. As calidades, a plasticidade, tamén certo simbolismo, uuha realidade ás veces fabuladora. O REALISMO NAS. 

El Museo de Filgueira nos dice.- É un dos grandes pintores da actualidade. Asúa pintura traduce un desexo obsesivo de arrancar o misterio contido nos obxectos máis comúns. Os seus cadros, dunha intemporalidade  indefinida, nunha harmonia perfecta do clásico co novo.
Unha visita ó universo único de Diego de Giráldez e ás sensacións indefinibles que a súa obra transmite.

Creo que a miña obra foi sempre realista, pero desde hai tempo definino como - Realismo NAS- porque concibo este realismo como fonte de descubrimento de formas visuais ocultas aparentemente 


-Realismo NAS- porque baseo os meus traballos na psicanálise dos seres vivos e dos obxetos en xeral. 

-Realismo NAS-porque cheguei á abstración sacando a mensaxe das formas e da psique humana e abstraendo o obxecto nunha  contorna ilimitada e descoñecida. Penso e creo non equivocarme que o meu realismio lledá a quen o contempla unha mensaxe de formas e cor,levándoo a unha sensibilidade de arte intelectual e morfoloxica na que me atopo traballando . Procuro que cada elemento das miñas obras teña vida propia, porque a vida é todo, é Arte, para que disgregados polo plano dean unha visión da realidade. A figura humana  está inmersa nun contexto de reflexión . No meu realismo non pinto liñas senón a descomposición delas para así chegar á vida propia do obxecto.