jueves, 23 de julio de 2026
lunes, 20 de julio de 2026
miércoles, 15 de julio de 2026
jueves, 9 de julio de 2026
martes, 7 de julio de 2026
jueves, 2 de julio de 2026
lunes, 29 de junio de 2026
jueves, 18 de junio de 2026
EL ALCALDE DEL CONCELLO DE POIO ÁNGEL MOLDES Y LA DIRECTORA TERRITORIAL DE LA CONSELLERÍA DE CULTURA - ISABEL COUSELO - EN LA INAUGURACIÓN DE DIEGO DE GIRÁLDEZ
El artista Diego de Giráldez inauguró su exposición "Esencial del realismo – Realismo NAS" en el Monasterio de Poio. La muestra reúne una selección de pinturas y esculturas y celebra la histórica vinculación del creador de A Cañiza con el municipio, donde lleva exponiendo de forma ininterrumpida desde hace 42 años
La exhibición se puede visitar durante todo el período estival y está ubicada en las instalaciones del monasterio, situado en la Plaza del Monasterio s/n, en Poio
EL ALCALDE DEL CONCELLO DE POIO ÁNGEL MOLDES Y LA DIRECTORA TERRITORIAL DE LA CONSELLERÍA DE CULTURA - ISABEL COUSELO - EN LA INAUGURACIÓN DE DIEGO DE GIRÁLDEZ 1984 - 2026 EN EL MONASTERIO DE POIO
Ángel Moldes e a directora territorial da Consellería de Cultura, Isabel Couselo, participaron hoxe na inauguración da mostra, na que destacaron a longa vinculación do artista co municipio, onde expón de forma continuada desde hai máis de catro décadas.
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, participou esta mañá na inauguración da exposición “Esencia del realismo – Realismo – NAS”, do artista Diego de Giráldez, no Mosteiro de Poio. No acto tamén estivo presente a directora territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Isabel Couselo, así como representantes municipais e do ámbito cultural.
A mostra reúne unha selección de pinturas e esculturas do creador natural da Cañiza, e poderá visitarse ao longo do período estival. Durante a inauguración, Moldes destacou a longa vinculación do artista co municipio, onde expón de forma continuada desde hai máis de catro décadas.
Diego de Giráldez é impulsor do movemento NAS (Naturalismo, Abstracción e Surrealismo) e conta cunha traxectoria artística con obra presente en numerosos museos internacionais. Realizou 346 exposicións e a súa obra figura en 140 museos de 16 países. O artista agradeceu a acollida do Mosteiro de Poio e do Concello, que fan posible a súa cita anual co público da comarca.

Ángel Moldes e a directora territorial da Consellería de Cultura, Isabel Couselo, participaron hoxe na inauguración da mostra, na que destacaron a longa vinculación do artista co municipio, onde expón de forma continuada desde hai máis de catro décadas. O alcalde de Poio, Ángel Moldes
lunes, 15 de junio de 2026
"Esencia del realismo - Realismo NAS" Diego de Giráldez - Monasterio de Poio - Concello de Poio
Desde a alcaldía do Concello de Poio, queremos convidarlle á exposición do artista multidisciplinar Diego de Giráldez, que leva por título "Esencia del realismo-Realismo NAS", terá lugar o vindeiro mércores día 17 de xuño ás 13 horas no Mosteiro de Poio.
viernes, 29 de mayo de 2026
DIEGO DE GIRÁLDEZ - ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL - XUNTA DE GALICIA
EGU- Enciclopedia XUNTA DE GALICIA
Galega
Universal
Gómez de Giráldez, Diego
Reprodución del ser vivo (1992), pintura de Diego Gómez de Giráldez, coñecido como Diego de Giráldez
O canicense Diego de Giráldez leva a Ávila o seu “realismo NAS”
O canicense Diego de Giráldez leva a Ávila o seu “realismo NAS”
Cunha nova exposición no Episcopio de Ávila
A Caniza | O pasado luns inaugurouse no Episcopio de Ávila a exposición “La esencia del pensamiento. Realismo NAS” do artista canicense Diego de Giráldez, unha mostra organizada polo Concello de Ávila que poderá visitarse do 18 ao 31 de maio de 2026. O acto inaugural estivo presidido polo concelleiro de Cultura do Concello de Ávila, Ángel Sánchez, e contou coa presenza do Alcalde da Caniza, Luis Piña, e da Tenente de Alcalde Paula Bacelar, que acompañaron ao artista canicense nesta importante cita cultural.
A exposición, organizada no emblemático espazo cultural do Episcopio, situado xunto á Catedral de Ávila e escenario habitual das exposicións de Diego de Giráldez desde hai anos, reúne unha selección de pinturas, láminas de gran formato e esculturas nas que o artista desenvolve a súa particular visión artística a través do realismo, cunha marcada sensibilidade creativa e un profundo estudo da anatomía e da expresión humana.
Entre as pezas expostas figura tamén a escultura dun galo, un dos elementos recorrentes na produción artística do autor. A mostra realiza ademais un percorrido por distintas etapas da súa traxectoria e pola evolución do denominado Realismo NAS, movemento artístico do que Diego de Giráldez é fundador e máximo representante. Entre as esculturas presentes na exposición destaca tamén unha man de grandes dimensións, unha peza que conecta directamente coa escultura “La humanidad y el trabajo” situada no Parque Heriberto Fuertes da Caniza. En ambas creacións, Diego de Giráldez emprega a man como símbolo da capacidade creadora, do esforzo humano e da identidade do traballo, converténdoa nun dos elementos máis representativos da súa linguaxe artística.
Diego de Giráldez está considerado un dos artistas máis destacados vinculados á Caniza, cunha ampla traxectoria como pintor, escultor e anatomista de recoñecido prestixio nacional e internacional. Ademais, é Hijo Predilecto da Caniza, distinción concedida polo Concello en recoñecemento á súa contribución artística e á promoción do nome do municipio fóra de Galicia. Tras a inauguración da mostra, un grupo folclórico pontevedrés percorreu as antigas rúas abulenses ata a Casa Consistorial interpretando diferentes pezas da música tradicional galega, nun acto que contribuíu a achegar tamén a cultura popular de Galicia ao público asistente.
O Alcalde Luis Piña quixo tamén expresar o seu agradecemento ao Concello de Ávila e ás institucións culturais abulenses por acoller unha vez máis ao noso pintor, escultor e anatomista máis internacional nunha cidade chea de historia e patrimonio, coa que Diego de Giráldez mantén unha especial vinculación persoal e artística desde hai máis de tres décadas. Como sinala o propio artista, “Ávila es la joya de España, en cuya arquitectura y belleza extraordinaria me he empapado durante años, de muralla hacia dentro, pero también recorriendo todos los municipios de la provincia, donde me han acogido con gran cariño desde hace 36 años”.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





%20(1).png)




.jpg)

.jpg)




.jpg)

.jpg)
.jpg)