Concello de Mos está en Pazo de Mos.
Hoxe estivemos no Pazo de Mos acompañando unha tarde dedicada á obra de Diego de Giráldez, no marco da exposición “Diego de Giráldez. Esencia da mente. Realismo-NAS”.
O auditorio do Pazo acolleu a conferencia de Gerardo Pérez Calero, catedrático emérito de Historia da Arte da Universidade de Sevilla, quen achegou ao público a súa visión sobre a obra e a traxectoria do artista.
A xornada contou tamén coa actuación da Coral Santa Eulalia de Mos, que puxo o broche musical a este encontro coa arte e a cultura.