José Crespo e Paz Pérez visitan a Casa Museo do artista Diego de Giráldez
Diego de Girálde e os responsables municipais visitan a exposición do artistaNa mañá deste luns o alcalde José Crespo e a tenente de alcalde Paz Pérez acudiron a visitar o museo de Diego de Giráldez. Os responsables do executivo municipal lalinense fixeron un percorrido por este singular espazo, situado nunha antiga casa-cuartel en A Cañiza, onde o artista ten unha exposición de más de 1.000 metros cadrados repartidos en 5 plantas, na que expón a súa soberbia colección de pinturas, esculturas e obxectos.
O motivo do encontro foi realizar unha xuntanza para coñecer de preto a Diego de Giráldez. O mesmo é un artista multidisciplinar (pintor, escultor, debuxante, escritor...) que leva exercendo a profesión dende fai máis de 50 anos. Comezou estudos na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Despois continuou a súa traxectoria artística por Madrid e Barcelona, onde estableceu amizade con Salvador Dalí ou con Antoni Pitxot. En 1982 coa obra "Cristo home" presentou un novo xeito de entender a pintura, o Realismo NAS (termo acuñado por el mesmo e que é a conxunción de Naturalismo, Abstracción e Surrealismo).
A temática das súas obras é moi variada e vai desde o bodegón, pasando pola paisaxe, ata a figura, o retrato, ou a anatomía humana. Na actualidade o seu traballo céntrase no estudo da cor e concretamente profundiza no laranxa. O propio autor realizoulles unha visita guiada polas diferentes dependencias do museo.