jueves, 19 de septiembre de 2024

Diario de Vigo - Diego de Giráldez

 



A Cañiza rinde homenaxe á obra do noso artista máis recoñecido, Diego de Giráldez


diariodevigo

17 septiembre, 2024

Este sábado 14 de setembro, acompañamos ao noso pintor, escultor e anatomista máis universal, tamén nomeado Fillo Predilecto da Cañiza, na celebración dos 27 anos da formación da súa Casa Museo, no ano 1997 e dos 18 anos acollendo visitantes. Un acto especial celebrado na Praza Maior, presidido pola arquitectura do Museo no que o “Realismo Nas”, que impregna gran parte da súa obra, cobrou un especial protagonismo. O Concello colaborou na  súa organización.

O Alcalde Luis Piña e concelleiros de Goberno acompañaron a Diego de Giráldez na tarde deste 14 de setembro nun acto no que tamén estivo presente o Delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera e numerosas personalidades do mundo da cultura, moi especialmente o seu gran amigo Gerardo Pérez Calero, Catedrático de  Arte da Universidade de Sevilla e gran coñecedor da súa obra.

Tamén o folclore e a tradición musical galega estivon presentes este sábado, ensalzando o acto coa interpretación dun pequeno repertorio de pezas galegas e corais.

A cálida temperatura da tarde permitiu que veciños e amigos se sumaran a este acto para honrar toda unha vida de traballo adicada ao ARTE.

Na rolda de intervencións o Alcalde Luis Piña agradeceu  “a  contribución impagable ao legado cultural e artístico da Cañiza, do noso artista máis universal. Un pintor de renombre, creador do Realismo NAS que por méritos propios e polas súas excepcionais cualidades alcanzou hai moitos anos un lugar dentro da pintura contemporánea española”.

A Casa Museo de Diego de Giráldez inaugurouse un 2 de maio do ano 2007, cunha colección que daquela contaba con 250 obras, e 1500 metros lineais de exposición distribuidas polas innumerables salitas do que fora cuartel da Garda Civil da Cañiza. Actualmente o seu Museo. Unha edificación de máis de 1000 m2 e 5 plantas de altura situado no corazón do casco urbano da Cañiza, a Praza Maior.

Nestes 27 anos, a extraordinaria obra de Diego de Giráldez foi crecendo, enriquecéndose, fortalecéndose en cantidade e excepcionalidade.

O acto deste sábado rematou cun percorrido polas 5 plantas deste Museo cheo de Arte, no que se poden apreciar as distintas etapas e estilos e a evolución como artista de Diego, dende a súa etapa infantil ata hoxe. Paisaxes, bodegóns, retratos e moitas composicións “NAS” que se mesturan con maestría e brillantez.