viernes, 4 de julio de 2025

DIEGO DE GIRÁLDEZ - 41 ANOS NO MOSTEIRO DE POIO - "UNHA MIRADA NA ALDEA"

 



Concello de Poio


Xa se pode visitar a exposición de Diego de Giráldez no Mosteiro de Poio

03/07/2025

Ángel Moldes acompañou ao artista esta mañá na inauguración da mostra, que inclúe unha colección composta por numerosas pinturas e esculturas realizadas polo artista natural da Cañiza.

O artista Diego de Giráldez inaugurou esta mañá a súa exposición “Unha mirada na aldea” no Mosteiro de Poio, un acto ao que asistiu o alcalde, Ángel Moldes, así como membros do Goberno e representantes de colectivos culturais do municipio.

De Giráldez retorna un ano máis a Poio, onde xa leva 41 veráns amosando o seu traballo, e consolidando así unha proposta cultural e artística que xa é todo un clásico no período estival dentro do templo poiense. Ángel Moldes subliñou que “leva toda unha vida compartindo o seu talento e o seu arte coa veciñanza de Poio, así que podemos consideralo xa como parte importante do noso concello”.

Cómpre lembrar que De Giráldez é o impulsor do movemento ‘NAS’ (Naturalismo, Abstracción e Surrealismo) e na súa traxectoria destacan as coleccións levadas a máis de 150 museos repartidos por todo o mundo. Desde o ano 1984, De Giráldez non falta á súa cita con Poio e agradece a colaboración e a acollida que lle dispensan tanto desde o Mosteiro como por parte do Concello.