Onte celebrouse no MARCO de Vigo un acto de homenaxe e recoñecemento a Diego de Giráldez, unha figura imprescindible da cultura galega e un orgullo para A Caniza.
Aínda que non puiden asistir presencialmente pola coincidencia coa fase de ascenso do Balonmán Cañiza, quixen participar cunhas palabras que foron lidas durante o acto.
Para A Caniza é unha honra contar cun creador da súa dimensión, alguén que levou sempre con orgullo o nome do noso municipio —e tamén da cidade olívica de Vigo— ligado á arte, á cultura e á creatividade, cunha obra presente en museos, coleccións e exposicións de distintos puntos da xeografía española e internacional.”