miércoles, 29 de julio de 2026

CONCELLO DE MOS - DIEGO DE GIRÁLDEZ

 Concello de Mos está en Concello de Mos.


 
🎨 O Pazo de Mos acolle a exposición “Esencia da mente. Realismo NAS” de Diego Giráldez
O Pazo de Mos abriu as portas á exposición “Esencia da mente. Realismo NAS”, do artista galego Diego Giráldez, unha mostra que reúne quince obras realizadas entre 1981 e 2020, algunhas delas expostas por primeira vez.
O acto de inauguración contou coa presenza do tenente de alcalde, Camilo Grandal, quen acompañou ao artista na apertura da exposición.
Diego Giráldez, creador do Realismo NAS, mantivo unha estreita relación con Salvador Dalí durante os últimos anos de vida do pintor de Figueres, unha etapa que forma parte da súa traxectoria artística e persoal.
📍 Pazo de Mos
🗓️ Ata o 24 de setembro
🕒 Xullo e agosto: de 14.00 a 18.00 h.
🕒 Setembro: de luns a venres, de 10.00 a 14.00 h.
Unha oportunidade para descubrir a obra dun dos artistas galegos máis singulares da pintura contemporánea.