Luis Piña está con Diego De Giraldez

Homenaxe á música coral na Casa Museo Diego de Giráldez
Este sábado, 24 de outubro, A Caniza acollerá unha xornada especial de recoñecemento á música coral e ás persoas que traballan pola súa conservación e difusión.

Serán homenaxeados Enrique Lorenzo Vila, Preciosa Ucha Sobral e a Coral Polifónica da Caniza.

Programa

18:00 h | Praza Maior

Piano e canto co dúo Soño de Calíope

18:30 h | Casa Museo Diego de Giráldez

Visita ao museo

20:00 h | Auditorio da Casa Museo

Coral Polifónica Allegro

Coral Polifónica da AVCR San Mamede de Zamáns

Coral Polifónica da Caniza

Unha tarde para celebrar a música, a cultura e o traballo das nosas corais.

Xornada organizada pola Casa Museo Diego de Giráldez, coa colaboración do Concello da Caniza.