viernes, 20 de junio de 2008

E DE A CAÑIZA DIEGO DE GIRÁLDEZ- POR BIEITO LEDO

Cando me encontro con Diego de Giráldez, circunstancia que acontece con relativa frecuencia e case sempre na rúa Príncipe, penso automáticamente nas terras de A Cañiza, de onde procede o noso gran artista.
Están estas terras no medio do camiño entre Ourense e Vigo e mesmo a punto de deixar de estalo. Dentro de poucos días cando se abra definitivamente a autovía e xanon haxa necesidades de parar neste territorio frío deixará de ser lugar de parada obrigatoria como o era cando as estradas e os outos eran como eran.
Se é certo o que di o poeta Rilke que a patria do ser humano é a sua infancia, os críticos e estudiosos do noso pintor terán que analizar como os galos, os burros, as mazás, os ovos, os pementos... todo ese universo mundo que Diego retratou de pequeno con eses profundos e curiosos ollos por terras do Parandanta. Unha maneira de poseer todas estas realidades da súa infancia é reinventalas na soedade do seu estudio en A Cañiza, terá que seguir sendo lugar de referencia obrigatoria no mundo pictórico de Diego de Giraldez
BIEITO LEDO
Editor Fundador de la Asociación de Editores de Galicia.
Miembro de la Fundación Premios de la Crítica.