viernes, 18 de diciembre de 2009

PINTURA REALISTA, ESCULTURA DE ANIMAIS EN MADRID- DIEGO DE GIRÁLDEZ.

En Madrid presenta tres exposicións. Diego de Giráldez, é un importante pintor realista cun longo historial que inclúe preto de trescentas exposicións realizadas en España, Portugal e outros países con especial incidencia na comunidade galega e con cadros repartidos ben en coleccións privadas, ben en museos como os galegos de Lugo, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Vigo. Ourense, Tui e A Coruña, así como os de Guadalaxara, Toledo, Cuenca ou Murcia e varios do estranxeiro como o do Cairo ou os portugueses de Chaves, Braga, Leiria ou Coimbra.
Nesta exposición presenta unha serie de cadros nos que cunha expresión puramente realista se pode apreciar unha composición de carácter surrealista.

Albino Mallo.
Santiago de Compostela.