viernes, 17 de diciembre de 2010

DIEGO DE GIRÁLDEZ" NA MIÑA OBRA A LUZ DESAPARECE NO CONCEPTO ATMOSFÉRICO PERO APARECE NO OBXECTO"

Na fundación Celta unha selección na que reflicte o que el dá por chamar "Realismo Nas".
Diego de Giraldez volve andar por Vigo, e o fai cunha selección de 18 obras de mediano e pequeno formato, realizadas desde o ano 1985 ata hoxe. Fundación Celta de Vigo. Diego de Giráldez, ten exposto nas principais cidades españolas, ó tempo que os seus cadros colgan en museos de 16 países diferentes, polo que se sitúa coma un dos mestres actuais da pintura galega de maior proxección. Nesta nova exposición figura a súa producción mais clásica, aínda que este autor se move entre o realismo e a abstracción, pasando polo surrealismo.
Son 18 creaciones baseadas no medio rural. A miña pintura a partir de 1985, a denomino " Realismo NAS". Son obxetos disdegrados nunha superficie do plano que van configurar a pintura que os críticos denomina " intelectual". As composicións son de todo tipo, baseadas na vida diraria, no cotidiano na aldea, na cidade...
Diego de Giráldez, está representado en 140 museos de 16 países con eso xa se ve que é unha obra universal, pero que bebe nas raices de Galicia.
Diferencias entre o rural e o urbano. As veces parece que as fronteiras se dilúen.
- exemplo, en Vigo, onde se rodea do rural. Hai unha conexión. Sen embargo, o rural ten algo que o diferencia, que é esa sencillez que hai nas cousas deixadas nas casas, nas portas, nos rincóns; non se coida tanto o espacio co contacto da vivenda co campo. Hay diferencia entre a aldea e o urbano, agora que tamén hai unha continuidade, dado que a maioría das xentes que viven nas grandes cidades non proceden da cidade.
Esa disposición das cousas no rural da que fala ¿ é a que se refrexa na sua obra. ?
Son composicións, estudiadas nalgúns casos, manipulados os obxectos noutros - Entra dentro desa surrealidade, porque non é a colocación do obxeto natural senón que está lixeiramente manipulado coa intención de facer outra visión plástica da obra. Trato tamén moito a figura humana.
En toda obra hai unha continuidade polo emprego da cor e do tenebrismo da luz.
Eu emprego un campo abstractivo no fondo que rodea ó obxecto; un campo atmosférico. Non é un campo atmosférico onde exista a luz, senón onde xa desapareceu a luz. É a lúa a que ilumina
ós obxectos. A luz desaparece no concepto atmosférico, pero aparece no obxecto. Sempre que vemos algo o vemos con luz diurna. Por iso falo do "realimso nas": eu desgravitizo de xeito excesivo o obxecto para chegar ó surrealismo; a abstracción a fago cun campo atmosférico que non ten definición; o naturalismo o fago na epiderme do obxecto, e o realismo, facendo a figura con similitude ó obxecto natural.