martes, 21 de marzo de 2017

42 AÑOS DE DIBUJO, PINTURA,ESCULTURA Y ANATOMÍA- DIEGO DE GIRÁLDEZ.




CPR Plurilingüe “María Auxiliadora”-SALESIANOS
Praza Don Bosco, 1 – 32003 – Ourense


Ourense, a 17 de marzo de 2017


Asunto: Adhesión ao nomeamento de D. Diego de Giráldez como Fillo Predilecto de A Cañiza.
Meu nome é Lupi Peña e son o director do Colexio Salesianos de Ourense.
Quero felicitar ao Concello de A Cañiza pola iniciativa de outorgar o título de Fillo Predilecto ao xenial artista Diego de Giráldez. A súa longa traxectoria de 42 anos como artista polifacético, a súa amplísima obra espallada por todo o mundo (moita tamén no seu Museo), a calidade e creatividade da súa obra e o recoñecemento do que goza no mundo da arte, fan de Diego un excelente embaixador de A Cañiza, merecedor con creces do título que hoxe se lle outorga.
Persoalmente gustaríame asistir a este solemne acto para felicitar a Diego e sumarme á esta solemne e emotiva celebración, pero no exercicio das miñas funcións non podo faltar na tarde deste sábado por coincidir coa celebración dos 30 anos do Centro Xuvenil Amencer, ao que tamén asisten outras autoridades locais de Ourense e da Comunidade Salesiana.
O legado artístico de Diego de Giráldez tamén está presente en Ourense. Sentímonos honrados de ter na igrexa de María Auxiliadora dous grandes murais de bronce encargados a Diego con motivo da celebración dos 100 anos dos Salesianos en Ourense. Estades invitados a disfrutar destes magníficos murais cando vos coincida unha visita, estamos xunto á Ponte Romana.
Enhoraboa, Diego, por este merecido recoñecemento. Grazas por deleitarnos con tantas e tantas obras fermosas como creaches e tes en proxecto.
Unha aperta.








Lupi Peña


Director