miércoles, 30 de abril de 2008

UN REALISMO QUE NON O É. Diego de Giráldez- POR DOMINGO GARCÍA- SABELL

Resulta moi doado incluir ó pintor Diego de Giráldez na nómina dos pintores realistas. Pero, en verdade ¿é esa a súa completa definición? Penso que non. Algo hai no seu esforzo creador que chouta por enriba das categorías plásticas establecidas. Imos ve-la posibilidade de contestar a tal interrogante.
Que Giráldez emprega a técnica de reproducir ata onde é posible a copia estricta da realidade ninguén o pode negar. Velaí están os lenzos a proclamalo con evidencia case que absoluta. Pero, con todo, e despois de ter aproveitado esa facilidade de reproducción, esclava do que se amos ós ollos do creador, el engade certos factores determiantes que o sitúan, indubidablemente, no eido da imaginación máis solta e máis libre. Esos engadidos son o resultado dunha poderosa facultade de apropiación máxica do entorno. Ese entorno fala da obra do pintor por señas, non por obediencia á verdade estricta.
O que pescuda este novo suscitador das aparencias é, nin máis nin menos que á solta do poder de alusión. Giráldez é unha criatura humana ateigada de indicacións. Giráldez resulta un equivalente do que dicía o presocrático Heráclito, a saber, que "O señor que pertence ó oráculo de Delfos non dice nada e non oculta nada, senón que interpreta, que fai señas ("semainei"). E nesa categoría debemos meter, sen outros riscos, a Giráldez, mestre de interpretacións.
Outra cousa dedúcese destas moi esquemáticas consideracións. Esa outra cousa consiste en que nos podemos estar ou non estar de acordo co seu xeito de interpretar a realidade e, en consecuencia, averdade. ¿ É eso a Natureza, é eso a vida? Atopámonos, pois, nun terreo opinable no que caben tódalas distincións posibles. Así é a ventaxa da imaxinación a liberdade da mostración. A facultade imaxinativa posúe un amplo modo de se manifestar. Xa que ven sendo a resultante de forzas que dominan a interioridade do artista e neso ninguén pode meterse. Os pulos do creador dispoñen dun amplo mar de decisión. En eso estriba na súa posibilidade de mostración.
A do pintor Diego de Giráldez é, por tanto, absoluta. Non resulta discutir o contido desa mensaxe. O que é ben cómodo é o diferenciar os pulos creadores do artísta e os pulos conceptuais del mesmo. Máis, con todo, eso conducirános por terreos sumamente entrambilicados e difíciles de expoñer en poucas palabras.
Que Diego de Giráldez siga pintando e quizais noutra ocasión entraremos no eido desas miñas aproximacións.
Domingo García-Sabell
Académico de Número de la Real Academia Galega, escritor
Ex-Delegado del Gobierno en Galicia.