jueves, 3 de julio de 2008

DIEGO DE GIRÁLDEZ- POR MARIA DO CARME KRUKEMBERG

En Diego de Giráldez ¿qué é,o que siginifica seu realismo?
A perfección do debuxo, o coñecemento de tódolos elementos necesarios para pintar un corpo, unha natureza morta, un galo, un can... . Penso, que mirando detidamente cada un dos cadros ( que eu coñezo), hai algo máis que a pura realidade dos seres e das cousas. Eisiste un intimismo metafísico na composición e no trasfondo do realizado. Pode que sexa o silenzo da soedade, ou a calada compaña de sí mesmo. Do que quere e tén que dicir, en todas e cada unha das ideas de realidade irreal que incorpora, que plasma concienzudamente na obra acabada. E como unha necesidade de facer vivir a alma da materia, o espíritu do inanimado. Intentar o resurximento de vida nun concepto cósmico dos elementos que ten a súa beira. Non é preciso ningún desacougo na busca para atopar o seu camiño, anda permanentemente por il, como polos soños.
Vai dereito pola imaxinación reivindicando o mundo feito a súa medida, deixando os coñecemntos estudados,un tanto ó marxen do íntimo facer. Os mestres andan devagar polas catro esquinas do bastidor, ollando as pínceladas, ollando para a man lizgaira que sen presas vai enchendo de linas e cores a tela, que vai imprimidno sensibilidades aprendidas no corazón do tempo.
Reixeitar o realismo máxico é como desprezar a vida de cada intre. É refugar a vida, é morrer no esquecemento da noite.
Diego de Giráldez é simplemente un PINTOR que se chama Diego de Giráldez.


MARÍA DO CARME KRUKENBERG
Escritora y Poeta (Galicia)