domingo, 4 de mayo de 2008

REALIDADE E VISIÓN CREADORA EN DIEGO DE GIRÁLDEZ -POR ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS

A realidade de visión creadora do pintor Diego de Giráldez, un artista que podemos colocar no grupo dos independentes no mellor asento dos realistas. Un pintor contemplativo amante do mundo que nos rodea, un máis dos amantes dun lugar de mar e terra nunha paisaxe humanizada ou un mar polo que naden os suspiros dos que van e vén que o artista pintor contempla con paixón cautivadora sempre estacional Giráldez reproduce con tono sempre suaves esa gracia mariñeira.
As misteriosas ondas nas que o barco sobe e baixa blanquexando na loita contra a firmeza da terra; a impresón do artista repite na estampa do seu legado, como vivencia forte, a loita da auga contra a firmeza da terra. O poeta pregunta inquedo polo suspiro da inqueda dama, a onda se veu o amigo e se vai logo. A tardanza ten a triste saudade da ausencia e o pintor acude cunha imaxe do máis gracioso rincón do mar.
Un cadro de Digo de Giráldez é todo un poema musical que percorre a nota que se entretén no floreado rincón da baixada para a ría na encosta deshabitada.
O pintor e xenial artista que vai interpretando os difrentes momentos do ano ós que Don Ramón Otero Pedrayo deu o seu valor xeográfico. A estampa máis vella ten os dous grandes pasos: a primavera e o outono, fixando o seu encanto nas maceiras en flor na primeira e un souto de castiñeiros ou un viñedo no segundo. O pintor comtempla ou rodea cun pensamento de luz e de cor, pode ser unha paisaxe humanizada, na que hai un expresionismo que unha visión tan realista nos fai pasar por un camiño visionario de historia que fan do pintor un xenial intérprete en cor e forma de realismos contados con realidade e sinxeleza.
Estamos falando sen ser crítico de arte, movidos, eso sí, polo que vemos, e por iso pensamos no encanto de dar recollida o visviseo da onda máis baixa coa que chega o mar á terra. O artista, este pintor, ten un espirito tan altamente creador que fixa as súas estampas, todas moi ben dispostas no máis fino realismo.
Antón Fraguas Fraguas
Cronista Oficial de Galicia
Presidente del Patronato del Museo do Pobo Galego