viernes, 16 de enero de 2009

DIEGO DE GIRÁLDEZ E O REALISMO ONÍRICO.

Diego de Giráldez, foi colocado por Antón Fraguas " no grupo dos independentes " e " no millor asento dos realistas ". O propio artísta define o seu traballo como " realismo NAS " e como " visión creadora do imaxinario ao poético.
Domingo García-Sabell destacou de Giráldez a súa facilidade para reproducir fielmente o real, mais sen ficar eí, senón deixando, a partir desa base, correr a imaxinación "máis solta e máis libre ". García-Sabell observou nas súas imaxes unha " poderosa facultade de apropiación máxica do entorno ", " ese entorno-engade- fala na obra do pintor por señas, non por obediencia á verdade estrita ".
Giráldez é dun realismo inquedante que en non poucos casos parece ir verterse cara o surrealismo, sen chegar a el. Así nalgún cadro lembra a Lugrís e noutros a Dalí. As súas imaxes non son neutrais, nin deixan pasar de longo ao observador.
Noutra dirección apunta á inxenuidade, ao naif, tamén sen chegar a el. A " inmadurez ", que tanto exaltou na escritura Gombrovicz, atópase aquí como suxestión para alterarnos, para espertar a nosa ollada.
O galo na mesa coas cadeiras cubertas; o millo, a pomba e o peixe, nunha estructura case acuática; o Cristo humanizado o can erguido fronte á muller liliputiense, falan dun realismo de tendencia onírica, libre e incómodo para o ollo afeito a outras cosas.

A.N.T
A NOSA TERRA.
Galicia.